BVG Atrás Índice de Páxinas |
¡Lenda de horrore! A mitra de ferro ardente |
||
Páxinas 29-42 |
m4galodalinaslendadehorrore002.html
[p. 29]
III
LOITA DE RAZAS.
Os fillos de Jesús e os de Mahoma
Por leises ô magin descoñecidas,
Pro que na religión teñen a base,
Cal feras que defendeu a eisistencia,
Insanos gardan no seu peito os ódeos
Que tanto durarán cal dure o imundo.
Aqueles que invadiron nosa España
Vencendo ô intonso godo en Guadalete,
Sentiron da cobiza as ánseas tolas
E a terra de Pelayo, conqueriron.
Debles os reises, que as coröas pesan
E hai testas que se homildan e acobardan,
Pautos fixeron co a mourisma gente
E ô pobo, que os amaba, treizoaron.
Ó fin de se soster na teranía,
En guerras fratecidas se meteron,
E ajudas Ile pediron os enfieles
Pra non deixal-os tronos que usurpaban
[p. 30]
E víuse un Mauregato que firmando
Contratos de un trebuto vergoñoso,
Lixóu a hestoria, que á lavar non chega
Ramiro co a vitoria de Clavijo.
E de un â outro monarca emprobeceron,
A Hispania, do romano rival dina,
Dende Rodrigo, que morréu sin honra
Hastra o Rei Sabio Alfonso, sin caráute.
Pro non coide o invasor que more ayeuto
Aquel que entre dous mares foi nascido:
Ainda era a nosa de Sagunto á Pátrea,
E de Numancia no esquencera o genio,
Nin mucháranse os texos do Medulio
Ni a fereza dos ánemos fugira.
E asina foi, desenfrenado o pobo,
Löitando pol-a fe dos seus mäores,
Lembróu que a terra do Patrón dos héroes
Morrer poide, eso sin, pro non escrava.
E en centos de batallas nas que a groria
Loureiros daba que a treición perdía,
0 emperio víu chegar dos Reis Católicos
Que ô frente se puxeron das suas hostes.
E víu que aquela reina que vendera
As xoyas pra o inmortal aventureiro
Que un mundo â Iberia dóu, hachóu ainda
No fondo da sua ucha, algús engarces
Que dados por diñeiro, mercóu armas
Pra se equipar o denodado exército.
E foron de Granada pol-as portas
Sitiando ôs moravides, que vincidos,
[p. 31]
As chaves da cibdade ali entregaron
Fugindo seu honor, sen paz, nin groria...
Pro abasta, que o falar de esta epopeia
Cousa é da hestoria pol-o sôn da fama:
A Lénda esquirbo deprendida a geito
Por voz da Tradición, e se mentire,
No me culpés á min, á ela culpade
Que asina âs geraciós vaillo insinando.
. . . . . . . . . . . . . . . . .. . . .. . . .. . . .. . . .. . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . .. . . .. . . .. . . .. . . .. . . .
¡Löitas de raza de crescente heroismo,
Lembranzas que da mente sós delicia,
Ó bardo ispiración dade e cevismo,
Pra lle cantar â image de Galicia
Os salmos do exemprar REGIONALISMO!
[p. 32]
IV.
O Abade Don Ramiro.
Era o Abade Don Ramiro
non oustante a dinidá,
mais mozo que o de Monforte
que poidera ser seu pai.
Suas austeras costumes
o facian conceutuar
coma un santo, e antre os frades
non se atopaba outro igual.
Pro se a mentida aparencia
denotaba santidá,
no interior tiña as raizas
de unha cobiza infernal,
e en seu peito rebulían
hepocresía, maldá,
pensamentos de luxuria,
que pra os poider acultar,
todal-as auciós rodeaba
de majestuoso afán
[p. 33]
pra conducil-as almiñas
pol-a escala da piedá
cuyo remate é no ceo
tendo por cimento o chan.
Fillo de un fidalgo probe
parente de Elvira o pai,
abrazóu a lei da eirexa,
quizáis por ser folgazán,
e por favor ou por sorte,
alevado â dinidá,
mostróuse tan rigurista,
que chegóu á ser tirán
e terror dos que compuñan
a familea do Abacial.
Ora ben: o tal fradiño
no peito foi á alcontrar
unha pasión, que ó aloucaba,
pol-a filla de Bertrán.
Aquela enocente rula
tan allea de ispirar
sintimentos tan rastreiros
na yalma do seu guardián,
era a vítima escollida
e distinada á purgar
os pecados de aquel lobo,
cal cordeiriña lïal.
Non poidía Don Ramiro
co a sua loucura ja:
o fogo no peito ardía
seu se conter o volcán,
[p. 34]
e ô fin de calmar suas ánseas
e restar co o diaño en paz,
tivo co a neva conversas
que a chegaron á asustar:
despois, él, se arripintía,
pro o desexo lle iba en mais,
e ó domexando, emprudente,
fixo ô magin desvarear,
e temendo un compormiso
apelóu sua röindad
á médeos soilo ispirados
por tentaciós de Satán
que unha presa víu do inferno
no Supirior do Abacial.
[p. 35]
V
O Judio Benjamin Gúrrias.
Habia n-un esquial da fortaleza
Negrido torrión
Que defender do inverno a sua croeza
Ja tiña por minsión.
Alí n-un cöarto abovedado estaba
Recruso cal mastín,
Un meigo que nos astros astudeaba:
Mon Gúrrias Benjamín.
Dos muros resgoardados pol-a hedra
En múltepre ringlar,
E en caixas que saíanse da pedra
Se vian relumear,
[p. 36]
Cacharros nos que as drogas mais iñotas
En toda manitú,
Amostraban no frente, en craras notas,
0 fin da sua virtú.
Nos cantos das parés, drento crisós,
Facíanse cocer
Metáes pra que fervendo á brobotós
En ouro se volver.
Algunhos repunantes e noxentos
Desecados, reutís,
Do teito dependían, e co os ventos
Daban secos chesquís.
E en tan fúnebre tenda residía
Con da freba o suör,
0 enfiel pra quen no mundo no eisistia
Mais amistá ni amor.
Porque sendo no astrónemo a cobiza
Dos ceos sabel-o imán,
Era esta e mail-os ouros sua diliza,
Seu máis ganoso afán.
[p. 37]
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Qué gentes hai na terra! ¡Cal descenden
Da humana condición!,
¡Cal afogan a yalma, cal no entenden
Qué cousa é, o corazòn!
Parez que portan da eisistencia o peso
Coma castigo cruël,
E tórnanse Caís, perdido o seco,
Buscando un outro Abel.
Camiñan pol-a codia do praneta
Sen risos ni afenciós,
E teñen a concencia sempre enquieta...
¡Ni ainda crèn en Dios!
Ja non pol-a outra vida mesteriosa
Pol-a vida de eiquí,
Que teñan unha ideia generosa
E sexan bôs pra sí.
[p. 38]
Que se do peito matara a tenreza
E enterran a ilusión...
¡Lles aprastar cal vermes, a cabeza,
É meritoria aución!
[p. 39]
VI.
PARÉNTESIS.
Séres que tendes poboädas
da fantesía as celdiñas,
vóuvos cantar en triadas.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Alí, nas horas quo o dia
troca sua luz pol-as sombras;
fuge da mente a legria,
veñen os medos dispazo;
a imaginación se esperta
e sintimol-o chispazo
que a forza vital quebranta,
por que a violenza do esprito
as trestezas adïanta.
E fingimos que a serena,
con acentos melodeösos
danos sua cantirena;
[p. 40]
ou maginando tromentos
ouvimos ecos leixanos
de delor, que train os ventos;
ou ben, arripiados, hirtos,
quimeiras, é grifos chegan
con fogo no escuro esquirtos;
e, coma poltros eu feiras,
silfos, bacantes e trasnos,
bríncan do roxo âs fogueiras
Os refrexos lostregantes
que a ilusión trai â retina,
trocan a visión denantes:
e aparecen meigas, fadas,
vestás que sonrisos venden
por girós de iris e gïadas;
sífides e pitonisas,
ondinas que ô mar se botan
do sátiro ô ser sorprisas:
fáunos que, sin que os respeten
sirpes e aves, chilran, tomban,
e o selencio compormeten;
e tanto os círcolos cerran
do temor que nos afoga,
que na nada a vida encerran.
A impotencia nos enrita,
ó iñoto fai porfiados,
e a yalma, era delor contrita,
aguniza e desfallece;
e sopresticiosos, fatos,
a ansiedá no peito crece.
[p. 41]
Asina a vida pasando
ora ledos, ora tristes,
a vellez váinos chegando.
E cando a neve na testa
tinge as guedellas de prata
soilo o desengano resta;
e ô ver o tempo perdido
roubando â eisistencia o goce,
o corazón afrigido
de sangue ja verte bágoas,
querendo esquencer miserias,
que son do sintír as mágoas.
Sempre a famenta cobiza
nos furta a conformidade
e en toda idade escraviza:
e a sede de dicha é tanta,
que hastra a convencia vendemos
se hai quen o pago adianta.
Tan soilo aqueles que anseösos
de un soño van ôs alcances.
co o seu soñar son gozosos.
Eles pensan que insistindo
á Deus roubaránlle un direito
seus sacretos descobrindo;
e do mesterio â presencia
consultan libros e faxos,
e ja juran, ou cremencia
rogan, que o saber ausorven,
anque, decote, astudiando,
ô istado iñorante volven.
[p. 42]
Ó fin, rabuñando o peito,
libertos da falsedade
tórnanse ô antigo preito,
e cunsumíndose ôs poucos,
antre dudas e agunias,
morren ou vólvense loucos.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |